Uve Moda é unha pequena tenda de roupa e accesorios para rapazas que buscan vestir ben e seguir as tendencias, pero sempre co seu toque persoal e, por suposto, sen ter que pagar de máis. Traballamos con stocks moi reducidos para evitar a repetición de prendas derivada das grandes produccións.
O noso principal valor son os nosos clientes cos que buscamos un trato directo, persoal e de confianza. Así que non o dubides, calquer consulta que teñas contacta con nós, procuraremos responder o miás axiña posible.
uve@uvemoda.com
Teléfono de atención ó cliente: 981 69 63 48.